Outros blogues do noso colectivo

PATRIMONIO DA COMARCA DOS ANCARES (topónimos, apelidos, historias, tradicións, lendas, paleolítico, megalitismo, petroglifos, castros, romanización, patrimonio relixioso, pontes, castelos, patrimonio etnográfico...)  


MÁMOAS, PETROGLIFOS E CASTROS DA COMARCA DOS ANCARES (e achegas sobre o Paleolítico, a Idade do Bronce e a Romanización)  


RUTAS POR PEDRAFITA DO CEBREIRO

CASTRO DA TORRE (LOUSADA)

En Pedrafita do Cebreiro coller a estrada LU-634 que leva a Triacastela. Despois de pasar Liñares, e antes do Hospital (antigo da Condesa), tomar a estrada local que pola esquerda vai a Pacios. En Pacios hai un sinal que indica cara O Courel. Despois, xa dirección Seoane do Courel, desviarse por unha pista asfaltada que chega a Lousada.

Dificultade: Media. 


 
 

CASTRO DE CHAN DA PENA OU CHAN DO CASTRO (SANTALLA-LOUSADA)

Como no caso anterior, entre Liñares e Hospital continuar ata Veiga de Forcas, e de aquí ata Casares onde, pola dereita, continuaremos ata Santalla.

Dificultade: Media

 
 

CASTRO DE VILELA (LOUSADA) 

Sitúase no límite das parroquias de Lousada (Pedrafita do Cebreiro) e Noceda (Folgoso do Courel. En Pedrafita do Cebreiro coller a estrada LU-634 que leva a Triacastela. Despois de pasar Liñares, e antes do Hospital (antigo da Condesa), tomar a estrada local que pola esquerda vai a Pacios. En Pacios hai un sinal que indica cara O Courel. Despois, xa en dirección Seoane do Courel, vemos un sinal á dereita que indica cara Vilela.

Dificultade: Media. 


 

CASTRO DA ESCRITA (PACIOS)

Seguindo o itinerario descrito anteriormente, en Pacios, en vez de seguir cara O Courel, coller a pista asfaltada da esquerda que vai ata O Seixo. O castro atópase á esquerda, xunto unha curva de ferradura.

Dificultade: Media.   

 
 

CASTRO DO PAREDÓN OU DA PENA DAS ABELLAS (RIOCEREIXA)

No Cebreiro, coller a estrada que vai a Zanfoga e Riocereixa. O castro atópase a man dereita, a carón da estrada, enfronte da pista que leva ata Riocereixa.

 
 

CASTRO DAS TORRES OU DE SAN PEDRO (RIOCEREIXA)

Dende o castro da Pena das Abellas, continuar pola mesma estrada onde tomaremos unha pista asfaltada pola esquerda que baixa ata a aldea de San Pedro.

Dificultade: Alta.


   
CASA-TORRE DE VEIGA DE FORCAS

En Pedrafita do Cebreiro coller a estrada LU-634 que leva a Triacastela. Despois de pasar Liñares, e antes do Hospital (antigo da Condesa), tomar a estrada local que pola esquerda vai ata Veiga de Forcas. A casa-torre atópase a carón da igrexa. Debido ao mal estado de conservación e a un temporal, o edificio derrubouse parcialmente.

Dificultade: Baixa.

 
 
Para ver a información dos xacementos, ver a entrada a un noso blogue:

RUTAS POR AS NOGAIS

CASTRO DO CASTELO (O CASTELO-NOCEDA)

Estrada N-VI, Becerreá a Pedrafita do Cebreiro. Entre os puntos quilométricos 441 e 440, á esquerda, unha pista asfaltada sobre ata o núcleo de poboación do Castelo. No castro, que se atopa por riba da aldea, contruíuse unha capela e o cemiterio, tamén está o campo da festa.

Dificultade: Baixa.  

 
 

CASTRO DA CONCA (NOCEDA)

Dende O Castelo continuar ata o pequeno núcleo do Couso onde debemos tomar a pista de terra que segue a man dereita (antigo Camiño Real que comunicaba con Pedrafita do Cebreiro). Despois duns 75 metros, desviarse por un sendeiro á dereita que leva ata o castro.

Dificultade: Media. 

 
 

CASTRO DA COROA (NULLÁN)

Dende a capital municipal das Nogais, continuar ata Nullán. Dende a aldea, seguir o itinerario marcado no mapa.

Dificultade: Baixa. 

 
 

CASTRO DO MONTE DA MEDORRA (SINLLÁN-NULLÁN)

En Nullán continuar pola mesma estrada ata Sinllán de onde parte o sendeiro que sobe ata o castro.

Dificultade: Baixa. 

 
 

O CASTRO (CHAO DO SOUTO-QUINTÁ)

Dende a capital municipal, seguir a estrada que leva a Quintá e Torés. O castro atópase á dereita da estrada, enfronte do camiño que baixa ao Chao do Souto.

Dificultade: Baixa.

 
 

O CASTRO (VILABOL-QUINTÁ)

Sen abandonar a estrada que leva ata Torés, entre Vilabol e Vilaesteva está o castro que se atopa a man dereita.

Dificultade: Baixa. 

 
 

CASTRO DE TORÉS (TORÉS)

Logo de Vilabol, continuar ata Torés. Inmediatamente despois do castelo en ruínas, coller o camiño que pola esquerda baixa ata a Casa do Campo, e de aquí continuar o camiño que sobe ata o castro.

Dise que onde se ergue o castelo de Torés houbo un castro, máis non existen datos. A igrexa parroquial sitúase mesmo enfronte da fortaleza.

Dificultade: Baixa. 

 
 
 
   
CASTELO DE DONCOS

Estrada N-VI Becerreá-As Nogais. Despois do punto quilométrico 445, a uns 150 metros, tomar un camiño de terra que pola dereita baixa cara o río Navia. Despois desviarse por un sendeiro que pola esquerda vai ata o castelo.

 
 

CASTELO DE TORÉS (TORÉS)

Dende a capital municipal, seguir a estrada que leva a Quintá e Torés. O castelo atópase fronte a igrexa parroquial e nas inmediacións dun castro.

    

Para ver a descrición dos xacementos, ver a entrada a un noso blogue:

RUTAS POR NAVIA DE SUARNA

MÁMOAS DO ALTO DO RESTELO

No Cereixal (Becerreá) coller a estrada LU-P-0708 que vai a Louxas (A Fonsagrada). As mámoas atópanse na Cruz do Restelo, no cruce de estradas a Becerreá, Navia de Suarna, Baleira e A Fonsagrada.

Dificultade: Baixa.


 

ANTA DE FERREIRÚAS (FERREIRÚAS-CABANELA)

Continuar pola mesma estrada ca anterior que leva a Louxas (A Fonsagrada). O enterramento sitúase a man dereita, ao comezo dunha pista asfaltada que leva a Ferreirúas e Cabanela (sen sinalizar). Hai un sinal que anuncia unha casa de turismo. Hai uns meses colocamos un pequeno panel anunciando a mámoa.

Dificultade: Baixa.


 

MÁMOAS DO PEREDELO (FREIXEIRO-CABANELA)

Seguir pola mesma estrada que leva a Louxas. Despois de pasar a aldea da Tumbiadoira, atopamos un sinal á esquerda que indica cara Vilabol. As mámoas atópanse no mesmo cruce. Sobre unha colocaron un silo para plásticos que xa denunciamos.

Dificultade: Baixa.

 
 

MÁMOA DA ARQUELA DA TUMBA (SINADA-MOSTEIRO)

Continuar pola mesma estrada ata Louxas. Ao chegar a aldea, mesmo no cruce, seguir pola estrada da dereita ata atopar, tamén á dereita, un sinal que indica cara Sinada. A mámoa sitúase nun pastizal á dereita, a uns 500 metros do cruce.

Dificultade: Baixa.

 
 
 

PETROGLIFO DA PENA DOS CUBELOS (O PENEDO-VALLO) 

Para ir ata a aldea do Penedo nós fixémolo dende o concello de Cervantes. Dende a cabeceira parroquial de Vilaver, continuar pola estrada que vai cara o concello de Navia de Suarna. Entre os quilómetros 15 e 16, despois de atravesar un pequeno río, desviarse pola pista asfaltada que en pronunciada subida vai cara O Penedo onde hai que deixar o coche e logo seguir o itinerario marcado no mapa.

Dificultade: Alta.

 

 

CASTROS DO CANTÓN E DE CABANELA (CABANELA) 

Na Tumbiadoira, na estrada LU-P-0708 que vai de Becerreá a Louxas, hai un sinal que indica cara Cabanela. Os castros atópanse baixando por un camiño á dereita, ao principio da aldea.

Dificultade: Media.

 

 
 

CASTRO DE FOLGUEIRAS

Estrada LU-722, Becerreá ata A Pobra de Navia (Navia de Suarna). Entre os quilómetros 26 e 27 coller a estrada á dereita que leva ata Silvouta. Aquí continuar pola estrada LU-P-3512 ata ver o sinal que indica cara Folgueiras. O castro atópase seguindo o camiño onde está a igrexa, situada fóra do núcleo de poboación.

Dificultade: Media. 

 

 

CASTRO DO COEDO DA LAGÚA (MOSTEIRO)

Continuar pola mesma estrada ata Louxas. Ao chegar á aldea tomar a estrada da dereita. Continuar por ela, sen desviarse. Ata A Lagúa, xa en Asturias. O castro atópase á dereita da estrada local que baixa cara Mosteiro, en Navia de Suarna.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE EMBERNALLAS (MUÑÍS)

Na Pobra de Navia coller a estrada LU-722 ata chegar a Embernallas. O castro atópase na parte baixa da aldea, nun meandro sobre o río Navia.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE LARXENTES (MUÑÍS)

Na Pobra de Navia coller a estrada L-722 ata atopar un sinal á dereita que indica cara Muñís e Rao. Ao chegar a Larxentes, entre os quilómetros 5 e 6, baixar por un cortalumes que leva directo ao castro situado sobre un río.

Dificultade: Baixa

 
 
 

O TESO DO CASTRO (PIN)

Dende o Alto do Restelo continuar pola estrada LU-P-3501 que baixa cara a Pobra de Navia. Ao chegar a Paradela, coller a estrada que vai a Mazaira, e de aquí a Pin. O castro atópase á esquerda, moi visible dende a pista. Tamén se pode ir ata Pin por unha estrada á dereita que parte pouco antes da Pobra de Navia.

Dificultade: Media.  

 

 

COROLA DO CASTRO (LIÑARES-QUEIZÁN)

Na Pobra de Navia coller a estrada LU-P-1901 que leva ata o límite co concello da Fonsagrada. Ao pasar Queizán, e antes da aldea de Liñares, á altura do quilómetro 21, hai un camiño pola dereita que leva ata o castro.

Dificultade: Baixa.

 

 

CASTRO DE AIGAS (AIGAS-RAO)

Na Pobra de Navia coller a estrada LU-722, pola que debemos continuar ata, a man dereita, ver o sinal que indica cara Muñís e Rao (estrada LU-P-3502). Ao chegar ao punto quilométrico 12, unha pista asfaltada pola esquerda baixa cara a aldea de Aigas. O castro atópase á man dereita da pista. Foi atravesado por un cortalumes.

Dificultade: Baixa.

 

 

CASTRO DE MEDA (MEDA-RAO)

Dende Aigas, volver á estrada e continuar cara Rao. Daquí parte unha pista asfaltada ata Meda. O castro atópase a carón da mesma pista, pouco antes da aldea.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DAS CASAS DO RÍO (AS CASAS DO RÍO-SON)

Estrada LU-722 de Becerreá a Navia de Suarna. Entre os quilómetros 21 e 22 desviarse á dereita pola estrada LU-P.3512 que vai a Robledo de Son. Ao pasar a aldea, unha pista asfaltada pola dereita baixa cara As Casas do Río. O castro atópase nunha pequena península que forma o río Ser.

Ao principio da pista que baixa cara As Casas do Río, a man dereita, está o topónimo O Castro. Mais a morfoloxía do terreo non achega indicios de que houbera un asentamento deste tipo.

Dificultade: Baixa.

 

 

OS CASTROS (VIRIGO-VILARPANDÍN)

Na Pobra de Navia, coller a estrada LU-P-3509 que leva a Vilarpandín. Ao chegar a Virigo, pouco antes do quilómetro 6, unha pista de terra á esquerda levata ata o castro.

Dificultade: Baixa.

 

 

Para ver a descrición dos xacementos, ver a entrada a un noso blogue: