RUTAS POR AS NOGAIS

CASTRO DO CASTELO (O CASTELO-NOCEDA)

Estrada N-VI, Becerreá a Pedrafita do Cebreiro. Entre os puntos quilométricos 441 e 440, á esquerda, unha pista asfaltada sobre ata o núcleo de poboación do Castelo. No castro, que se atopa por riba da aldea, contruíuse unha capela e o cemiterio, tamén está o campo da festa.

Dificultade: Baixa.  

 
 

CASTRO DA CONCA (NOCEDA)

Dende O Castelo continuar ata o pequeno núcleo do Couso onde debemos tomar a pista de terra que segue a man dereita (antigo Camiño Real que comunicaba con Pedrafita do Cebreiro). Despois duns 75 metros, desviarse por un sendeiro á dereita que leva ata o castro.

Dificultade: Media. 

 
 

CASTRO DA COROA (NULLÁN)

Dende a capital municipal das Nogais, continuar ata Nullán. Dende a aldea, seguir o itinerario marcado no mapa.

Dificultade: Baixa. 

 
 

CASTRO DO MONTE DA MEDORRA (SINLLÁN-NULLÁN)

En Nullán continuar pola mesma estrada ata Sinllán de onde parte o sendeiro que sobe ata o castro.

Dificultade: Baixa. 

 
 

O CASTRO (CHAO DO SOUTO-QUINTÁ)

Dende a capital municipal, seguir a estrada que leva a Quintá e Torés. O castro atópase á dereita da estrada, enfronte do camiño que baixa ao Chao do Souto.

Dificultade: Baixa.

 
 

O CASTRO (VILABOL-QUINTÁ)

Sen abandonar a estrada que leva ata Torés, entre Vilabol e Vilaesteva está o castro que se atopa a man dereita.

Dificultade: Baixa. 

 
 

CASTRO DE TORÉS (TORÉS)

Logo de Vilabol, continuar ata Torés. Inmediatamente despois do castelo en ruínas, coller o camiño que pola esquerda baixa ata a Casa do Campo, e de aquí continuar o camiño que sobe ata o castro.

Dise que onde se ergue o castelo de Torés houbo un castro, máis non existen datos. A igrexa parroquial sitúase mesmo enfronte da fortaleza.

Dificultade: Baixa. 

 
 
 
   
CASTELO DE DONCOS

Estrada N-VI Becerreá-As Nogais. Despois do punto quilométrico 445, a uns 150 metros, tomar un camiño de terra que pola dereita baixa cara o río Navia. Despois desviarse por un sendeiro que pola esquerda vai ata o castelo.

 
 

CASTELO DE TORÉS (TORÉS)

Dende a capital municipal, seguir a estrada que leva a Quintá e Torés. O castelo atópase fronte a igrexa parroquial e nas inmediacións dun castro.

    

Para ver a descrición dos xacementos, ver a entrada a un noso blogue: