RUTAS POR BARALLA

MÁMOAS DO QUEIMADO (LAMAS-PACIOS)

En Sobrado do Picato, na N-VI, entre os quilómetros 477 e 478 (dirección Baralla), coller a pista asfaltada que, pola esquerda, leva a Lamas. Despois seguir o itinerario marcado no mapa. Convén deixar o coche antes de seguir polo camiño de terra. A necrópole atópase entre os concellos de Baralla, O Corgo e Castroverde. Nas inmediacións atópase o castro de Lamas.

Dificultade: Baixa.

 

 

PETRÓGLIFO DA PENA DO OSO

Situado entre as parroquias de Armea (Láncara) e Covas (Baralla). En Baralla coller a estradda LU-621 que leva ata a Pobra de San Xiao (Láncara). Despois do quilómetro 15, antes de Traspena, desviarse por un camiño asfaltado que pola esquerda baixa cara a ponte medieval, de orixe romana, da Ponte de Covas. Continuar ata chegar ata aldea de San André. Logo seguir a ruta marcada no mapa.

Dificultade: Media.

 
 
 

CASTRO DE QUINTELA (QUINTELA-ARROXO)

En Baralla coller a estrada CP-05-02. O castro atópase á esquerda da estrada, case enfronte da pista que baixa cara a aldea de Teixeira.

En Quintela sitúabase unha vila romana onde aínda se poden ver anacos de tégula esparexidos polo sitio.

Dificultada: Baixa.  

 

 

CASTRO DA CROA OU OS CASTROS (GUNDÍAN-CONSTANTÍN)

Na capital municipal tomar a estrada que vai a Vilarpunteiro. Ao castro accédese por un camiño á dereita, pouco antes das primeiras casas da aldea de Gundián.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE VILASANTÁN (VILASANTÁN-COVAS)

 

 

CASTRO DE FERREIROS (A CALVELA-FERREIROS)

Na estrada N-VI que vai de Lugo a Baralla, entre os quilómetros 474 e 473, unha pista asfaltada pola esquerda sobe ata a aldea da Calvela. Dende aquí seguir o itinerario marcado no mapa.

Dificultade: Media.
 
 

 

CASTROS DA PARROQUIA DE LEBRUXO

En Baralla coller a estrada LU-621 que vai a Láncara. Ao pasar o quilómetro 16, desviarse pola pista asfaltada que pola dereita leva ata Lebruxo. O primeiro castro a visitar é o da Igrexa que foi construída no interior do asentamento. Despois hai que regresar á estrada e atravesar a aldea onde hai que deixar o coche. Para visitar os outros castros da parroquia, seguir o itinerario marcado no mapa.

Dificultade: Baixa. 

 

 
 

CASTRO DAS CROAS OU DE LAMAS (LAMAS-PACIOS)

En Sobrado do Picato, na N-VI, entre os quilómetros 477 e 478 (dirección Lugo-Baralla), coller a pista asfaltada que, pola esquerda, leva a Lamas. Despois seguir o itinerario marcado no mapa. Convén deixar o coche antes de seguir polo camiño de terra. Nas inmediacións atópase a necrópole megalítica do Queimado, situada entre os concellos de Baralla, O Corgo e Castroverde.

Dificultade: Baixa.

 

 

CASTRO DE PEDRAFITA (PEDRAFITA DE CAMPO REDONDO)

Estrada LU-710, de Baralla ao Cádavo (Baleira). Pouco antes do quilómetro 9, desviarse pola pista asfaltada que pola dereita leva a Pedrafita. Logo, seguir as indicacións do mapa. O coche pódese aparcar xunto as casas que hai ao pé do xacemento. 

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE CASTROLANZÁN (CASTROLANZÁN-PENARRUBIA)

Estrada Baralla-O Cádavo (Baleira), LU-710. Na parroquia de San Martín de Neira de Rei, poudo despois do restaurante A Fonte da Saúde, desviarse á dereita pola estrada CP-05-08 que vai a Navia de Suarna e A Fonsagrada. O castro atópase pegado á dereita da estrada, enfronte da pequena capela de San Antonio Abade e da aldea de Castrolanzán.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE POL (POL)

En Baralla coller a estrada CP-05-03 que leva a Aranza e Pol. Antes de chegar á igrexa de Pol, desviarse pola estrada CP-05-04 que pola dereita vara a Francos.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE RECESENDE (RECESENDE)

En Sobrado do Picato, na N-VI, dirección Lugo-Baralla, desviarse pola dereita cara Recesende. O castro atópase por riba da igrexa parroquial. 

En Santa Cruz, antes de chegar a Recesende, hai unha ermida de orixe románica.

Dificultade: Baixa. 

 
 
 

CASTRO DE SAN MIGUEL (SAN MIGUEL DE NEIRA DE REI)

En Baralla, tomar a estrada LU-710, na estrada que vai ao Cádavo (Baleira). Antes de cruzar o río por unha ponte sobre o río Neira, desviarse cara a dereita por unha pista asfaltada que vai ata San Miguel. Sobre o castro edificouse unha torre na Alta Idade Media (desaparecida) e logo a igrexa románica.

Dificultade: Baixa. 

 
 
 

CASTRO DE SIXIREI (SIXIREI)

En Baralla coller a estrada local que vai a Piñeira e Sixirei. Aquí seguir un carreiro que parte dende a igrexa parroquial que leva ata o castro despois de atravesar unhas leiras.

En Piñeira, a igrexa parroquial ergueuse sobre un castro que na actualidade está case irrecoñecible pola actividade humana.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTROS DE SOBRADO DO PICATO

Sobrado do Picato atópase na estrada N-VI que comunica Lugo con Baralla. A carón desta, no quilómetro 478, atópase o castro de Sobrado, moi alterado por construcións, camiños e os labores agrícolas. Ao outro lado da N-VI parte unha estrada que vai ata Santa Cruz e Recesende. Para chegar ao castro, seguir as indicacións do mapa.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE VILAMEIXE (VILAMEIXE-VALE)

En Baralla seguir pola estrada CP-05-03 que vai a Aranza, Pol e Vale. Na aldea de Vilameixe atópase na mesma estrada. Seguir as indicacións do mapa.

Na aldea érguese a torre de Vilameixe, en regular estado de conservación.

Dificultade: Baixa.  

 

 

CASTRO DO REGUENGO (O REGUENGO-VILACHAMBRE)

En Baralla coller a estrada CP-05-02. Ao chegar ao letreiro que indica cara Vilachambre, situado á esquerda da estrada, subir cara a igrexa parroquial. O camiño para acceder ao castro atópase pouco antes.

Dificultade: Baixa

 

 

CASTRO DE VILACHAMBRE (VILACHAMBRE)

Ao pasar o cruce que baixa cara Vilachambre, na estrada CP-05-02, despois duns 500 metros, desviarse pola pista asfaltada que pola dereita leva ata a aldea do Reguengo. Na parte alta do pobo parte un camiño de terra cara a dereita que leva ata o castro.

Dificultade: Baixa. 



PONTE DE COVAS (COVAS)

En Baralla, coller a estrada LU-621 que vai á Pobra de San Xiao (Láncara). Ao pasar Sudrio, entres os quilómetros 15 e 14, desviarse pola pista asfaltada cara a esquerda que baixa ata a ponte.

Dificultade: Baixa.

  


PONTE DOS MAZOS (A PONTE DOS MAZOS-SAN MARTÍN DE NEIRA DE REI)

En Baralla, coller a estrada LU-410 que leva ao Cádavo (Baleira). Entre os puntos quilométricos 5 e 6, tomar a estrada CP-o5o8 que leva a Navia de Suarna (sinalizado). Despois duns 600 metros, un desvío á dereita leva ata a ponte.

Dificultade: Baixa.

   
 

Para ver a descrición dos xacementos, ver as entradas dos nosos blogues: