RUTAS POR BECERREÁ

MÁMOAS DOS LAGORZOS (O CEREIXAL)

No Cereixal coller a estrada CP-07-08 que vai cara o Alto do Restelo e Louxas (A Fonsagrada). A necrópole atópase nas inmediacións dun repetidor de televisión, a carón da estrada.

Dificultade: Baixa. 

 
 
 

MÁMOAS DO CHAO DO MARCO (FONTARÓN)

A carón da estrada que vai dende O Cereixal ata o Alto do Restelo e Louxas (A Fonsagrada), pouco antes do cruce que leva ata o Cádavo (Baleira).

Dificultade: Baixa. 

 

 

MÁMOAS DO MARCO (FONTARÓN)

Coller a estrada que vai dende O Cereixal a Louxas (A Fonsagrada). Ao principio da estrada que leva a Vilamane parte un camiño de terra pola esquerda que nos deixa no Marco, situado na parte máis alta do monte. Xunto as mámoas hai unmarco que dividía as parroquias de Fontarón e Vilamane.

Dificultade: Baixa. 

 

 

MÁMOAS DA CABEZA DO RÍO E DA LOUSEIRA (FURCO) 

No Cereixal coller a estrada CP-07-01 que baixa cara Furco. A continuación está a aldea do Casar que hai que atravesar para pasar debaixo dun pequeno túnel que salva a autovía. Deixar o coche e seguir as instrucións do mapa. Na forte subida pásase a carón do castro da Serra.

Dificultade: Alta. 

 

 

"DOLME" DE VILOUTA OU A PEDRA COBERTOIRA E CASTRO DE VILOUTA (VILOUTA)

Na estrada comarcal C-535 que vai de Becerreá a Sarria. Ao dolme accédese por un camiño á dereita que se atopa xusto enfronte da antiga escola de Vilouta. O castro sitúase á esquerda do camiño.

Poñemos en comiñas a palabra dolme porque cremos que, máis que un enterramentos do Neolítico, trátase dunha cista adscrita á Idade do Bronce.

Dificultade: Baixa.  

 

 

CASTRO DE TODÓN DE BAIXO (CASCALLÁ)

No Cereixal coller a estrada CP-07-01 que pasa por Furco e vara a Ponte de Neira (Baralla). O castro atópase á esquerda da estrada, fronte das primeiras casas da aldea.

Xunto a porta dunha das casas hai unha basa dunha columna procedente do Agro de Pedreda (Baralla), posible ubicación da mansión romana de Timalinus. 

Dificultade: Baixa. 

 

 
 

CASTRO DE VILAR DE OUSÓN OU OS CASTROS (VILAR DE OUSÓN-CRUZUL)

Dende o campo da feira de Becerreá, coller a estrada LU-632. Ao chegar ao quilómetro 3,, baixar por un camiño que hai á esquerda.

Nas inmediacións de Vilar de Ousón está o lugar coñecido como O Chao da Capilla onde apareceron tumbas feitas con laxes de orixe medieval.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE FONTES (FONTES-FURCO)

Coller a estrada CP-07-01 que dende O Cereixal baixa cara Furco. Á altura de Furco, pola esquerda, tomar a estrada local que leva ata Fontes onde deberemos tomar unha pista asfaltada que en lixeira pero constante subida sobe ata a N-VI. O castro atópase á dereita da pista.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DA SERRA OU DO CASAR (FURCO)

No Cereixal coller a estrada CP-07-01 que baixa cara Furco. A continuación está a aldea do Casar que hai que atravesar para pasar debaixo dun pequeno túnel que salva a autovía. Deixar o coche e seguir as instrucións do mapa.

Dificultade: Media. 

 

 

CASTRO DE GUILFREI (GUILFREI)

Estrada C-535, que vai de Becerreá a Sarria. No quilómetro 6 desviarse pola esquerda cara Armesto e Guilfrei. O castro atópase non moi lonxe da igrexa parroquial.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE MONTAÑA DA AGRA (MONTAÑA DA AGRA-OUSELLE)

En Becerreá tomar a antiga estrada de Navia. Ao pasar o núcleo de Ouselle, seguir pola estrada CP-07-03. O castro atópase á dereita e a carón da estrada.

A pouco máis dun quilómetro atópase o castro de Vilar de Frades, un afloramento rochoso siutado por riba da aldea do que non se aprecian restos claros.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE CASTELMARÍA (CASTELMARÍA-QUINTÁ DE CANCELADA)

Dende a cabeceira parroquial de Quintá parte unha estrada que vai cara Córneas (Baleira). A 2 quilómetros de Quintá, pola esquerda, baixa unha pista ata aldea de Castelmaría onde se atopa o castro. Sobre el construíuse a capela de Santa Apolonia.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE EIXIBRÓN (EIXIBRÓN-TORTES)

En Becerreá coller a estrada comarcal C-535 que leva a Sarria. No quilómetro 5 desviarse pola pista asfaltada que baixa cara Eixibrón, onde se atopa a igrexa parroquial. Nas primeiras casas, un camiño pola esquerda leva ata o castro.

Dificultade: Baixa. 

 

 

CASTRO DE CANTIZ (CANTIZ-VILACHÁ)

En Becerreá seguir pola estrada LU-722 que leva a Navia de Suarna. Entre os quilómetros 12 e 13 parte pola esquerda unha estrada local que vai a Vilachá. Continuaremos por esta estrada ata atopar un desvío, tamén pola esquerda, que continúa ata Pumarín e Cantiz.

En Pumarín de Riba hai un castro do que apenas quedan restos.

Dificultade: Baixa.  

 

 

CASTRO DE VILAMANE (VILAMANE)

O mesmo itinerario que o anterior, só que en vez de desviarnos cara Cantiz debemos continuar pola estrada CP-07-05 ata o mesmo núcleo de Vilamane en cuxas inmediacións se atopa o castro.

Dificultade: Baixa. 

 

 

MOSTEIRO DE PENAMAIOR (PENAMAIOR)

Estrada N-VI, entre Baralla e Becerreá. Pouco despois do quilómetro 465, coller a estrada local que pola dereita leva directamente ata a igrexa e as ruínas do mosteiro.

   


PONTE DE CRUZUL (CRUZUL)

Estrada N-VI, Becerreá-Pedrafita do Cebreiro. No cruce da estrada ás Nogais e Navia de Suarna (rotonda), desviarse por unha estrada local que pola dereita baixa cara a ponte.

 
 

PONTE DAS PONTES DE GATÍN

Estrada  LU-722, Becerreá-Navia de Suarna. En Liber desviarse cara a dereita pola estrada LU-723 que leva ata As Pontes de Gatín.

 
  
Para ver a descrición dos xacementos, consultar as entradsa dos nosos blogues: